DEREITO A UN FOGAR
No marco das nosas actividades relacionadas co 20 de novembro, Día da Infancia, dentro do programa CP Inclúe Inclúe-T, contamos coa visita de Laura, nai dun exalumno do CRA que ten a sorte de traballar en Aldeas Infantiles.
Laura falounos da realidade dalgúns nenos e nenas que non poden vivir coas súas familias por distintas razóns, e por iso viven en Aldeas Infantiles en Redondela.
Amosounos como son as casas, explicounos que viven con educadores, e algúns marchan, ben porque volven coas súas familias ou ben con familias de acollida.
Nós contámoslle que estes días estamos llevando a Graciela ás nosas casas, porque nós tamén somos familias de acollida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario