miércoles, 18 de diciembre de 2019

A NOSA HORTA


    ONTE PRANTAMOS ALLOS E CEBOLAS NA NOSA HORTA, POIS APROVEITAMOS QUE A SEMANA PASADA, VIU ANA, A QUE AXUDAMOS A BALEIRAR O COMPOSTEIRO E A BOTAR O COMPOST NA HORTA!!

     

viernes, 22 de noviembre de 2019

ROBOTICRA EN IGUALDADE

   NA ESCOLA DESTACAMOS A IMPORTANCIA DE EDUCAR NA IGUALDADE DENDE OS PRIMEIROS ANOS, POR ISO DENDE OS OBRADOIROS DE ROBOTICRA, TAMEN FACEMOS ACTIVIDADES QUE NOS AXUDAN A INTERIORIZAR ESTES VALORES DE IGUALDADE, Ó MESMO TEMPO QUE TRABALLAMOS CONTIDOS RELACIONADOS COA ROBÓTICA.

                   





LIBRE DE ESTEREOTIPOS

 HOXE, TIVEMOS A SEGUNDA SESIÓN CON PRISCILLA, QUE NOS ENSINOU QUE NON HAI COUSAS DE NENOS  OU DE NENAS, SENÓN DE PERSOAS!!

             

viernes, 8 de noviembre de 2019

O MAGOSTO

   HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO NA ESCOLA, ASAMOS CASTAÑAS, MERENDAMOS, XOGAMOS.. PASÁMOLO MOI BEN!!
 MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POR COLABORAR CON NÓS.

  

miércoles, 6 de noviembre de 2019

TRABALLANDO NA IGUALDADE

  DENDE A FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE MULLERES DO RURAL (FADEMUR), VIU LARA, QUE NOS LEU UN CONTO, FIXO XOGOS..; CO FIN DE QUE ENTENDAMOS QUE NENAS E NENOS, PODEMOS XOGAR E FACER AS MESMAS COUSAS.

                          

 

miércoles, 30 de octubre de 2019

HAPPY HALLOWEEN

  PARA CELEBRAR HALLOWEEN, CHARLOTTE CONTOUNOS UN CONTO E ADIVIÑAMOS AS SOMBRAS QUE NOS PROXECTOU COA LINTERNA. TAMEN HOUBO TEMPO PARA BAILAR!!

        

SAMAÍN

   HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN NA ESCOLA, HABÍA BRUXAS, VAMPIROS, SUPERHEROES, GATOS... HOUBO TEMPO PARA TODO, PARA FACER A NOSAS MERENDAS, PARA COMELA, BAILAR.. PASÁMOLO MOI BEN!!

     

lunes, 28 de octubre de 2019

viernes, 25 de octubre de 2019

LIBRES DE ESTEREOTIPOS

 HOXE VIU AO COLE PRIS, QUE DESENROLOU UNHA ACTIVIDADE ENMARCADA NO PROGRAMA DE IGUALDADE. APRENDEMOS QUE TODAS E TODOS PODEMOS FACER O QUE NOS PROPOÑAMOS!!

 





jueves, 24 de octubre de 2019

AS MANS

  ONTE, DEBUXAMOS AS NOSAS MANS NO PAPEL, E OBSERVAMOS QUE TEÑEN DIFERENTES TAMAÑOS, POLO QUE AS MEDIMOS; DESCUBRINDO QUE A MÁIS LONGA É A DE DAVID E A MÁIS CURTA A DE WIAM!!

  


  

miércoles, 9 de octubre de 2019

POP CORN

  APROVEITANDO QUE ESTAMOS A TRABALLAR O MILLO, A PROFE MARI CARMEN E A PROFE CHARLOTTE, TROUXERON UNHA MÁQUINA PARA FACER "POP CORN", FOI MOI DIVERTIDO E O MELLOR FOI COMELAS!!

lunes, 23 de septiembre de 2019

ATENCIÓN, AGUDEZA VISUAL E RAPIDEZ NO OBRADOIRO DE ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE

ESTA MAÑÁ XOGAMOS....XOGAMOS A FALAR, A ATENDER, A ASOCIAR, A PENSAR...




MÓVETE + NA ESCOLA

As sesións de música e psicomotricidade contribúen ao desenvolvemento do noso plan PROXECTA MÓVETE+ psicomotricidade e música no rural.

Aquí tedes  unha mostra do ben que o pasamos co profe Luis.

viernes, 21 de junio de 2019

CUMPREANOS E FESTA DE FIN DE CURSO





ONTE FIXEMOS A FESTA DE FIN DE CURSO, E APROVEITAMOS PARA CELEBRAR OS CUMPRES DE VERÁN. FIXEMOS XOGOS, BAILAMOS...FOI MOI DIVERTIDO!!

  

miércoles, 19 de junio de 2019

SAÍDA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE

 ONTE FIXEMOS A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO, E COMO NO SEGUNDO TRIMESTRE TRABALLAMOS A PREHISTORIA, FOMOS AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPOLAMEIRO. COMPROBAMOS COUSAS QUE XA SABÍAMOS E APRENDEMOS  MOITAS OUTRAS. PASÁMOLO MOI BEN!!

 

miércoles, 5 de junio de 2019

DÍA DO MEDIO AMBENTE

  HOXE, CELEBRASE O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, SABEMOS QUE É FUNDAMENTAL COIDALO, PORQUE SE NON O FACEMOS, PODE TER REPERCUSIÓNS NEGATIVAS PARA NÓS, PARA OS ANIMAIS, PARA AS PRANTAS...ASÍ QUE DENDE A ESCOLA RECICLAMOS, APROVEITAMOS OS RESTOS ORGÁNICOS, PRANTAMOS...PERO TODOS TEMOS ALGO QUE APORTAR, ASI QUE COIDEMOS O NOSO PLANETA!!

      

martes, 14 de mayo de 2019

EDUCACIÓN VIAL

  O PROFE MIGUEL, DEUNOS UNHA CLASE PRÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL, REPASAMOS CANDO DEBEMOS PARAR E CANDO CRUZAR. FIXEMOS DE PEÓNS, DE CONDUCTORES E TAMEN DE POLICÍAS!!

 

viernes, 10 de mayo de 2019

ROBÓTICA E ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

 NA CLASE DE ROBÓTICA, A PROFE CARMEN, TROUXO UN PANEL CON ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN. O RATO BOT AXUDÓUNOS A COÑECELOS!!


     

jueves, 2 de mayo de 2019

PLANTANDO BOJS

  A PROFE CONCHITA, TROÚXONOS DOUS BOJS, QUE PLANTAMOS NA ENTRADA DA ESCOLA, QUEDÁRONNOS XENIAL!!

  

lunes, 29 de abril de 2019

VELUTINAS

 AS VESPAS VELUTINAS CAIRON NAS NOSAS TRAMPAS, ASÍ QUE DENDE O COLE, ANIMÁMOSVOS A QUE AS FAGADES, PORQUE FUNCIONAN!!

      


martes, 23 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO

  HOXE, CELÉBRASE O DÍA DO LIBRO,  E NA ESCOLA FIXEMOS TÍTERES  DE PERSONAXES DE CONTOS TRADICIONAIS!!

      

viernes, 12 de abril de 2019

PTERODÁCTILO

PARA REMATAR O TRIMESTRE ADICADO, EN GRAN PARTE AOS DINOSAURIOS, VIU ASÚN, A NAI DE EVA E DAVID; A CONTARNOS COUSAS SOBRE O PTERODÁCTILO. APRENDEMOS QUE DURMÍAN BOCA ABAIXO, QUE PODÍAN MEDIR DENDE 1 ATA 8 METROS, E QUE TIÑAN 90 DENTES!!

     MOITAS GRAZAS ASÚN, DAVID E EVA

  
  

CUMPREANOS DE BRAIS

 HOXE, CELEBRAMOS O CUMPREANOS DE BRAIS, COMEMOS BISCOITO E CANTÁMOSLLE O CUMPREANOS FELIZ, ACOMPAÑADOS DO SAXOFÓN DO PROFE LUIS!!

  

COELLIÑO DE PASCUA

 HOXE VIU O COELLIÑO DE PASCUA Á ESCOLA, FOI UNHA GRAN SORPRESA E DEIXÓUNOS OVOS DE CHOCOLATE!!

 

jueves, 11 de abril de 2019

PELES PREHISTÓRICAS

   HOXE, A PROFE CONCHITA TROUXO UNHAS PELES DE "ANIMAIS PREHISTÓRICOS", NON SABEMOS DE CALES SERÁN, PERO HOUBO SUPOSICIÓNS DE TODO TIPO, DENDE MAMUTS, ATA OSOS, SEN OLVIDARNOS DOS BISONTES.

  

martes, 9 de abril de 2019

TRICERATOPS

ONTE, VIU RAQUEL, A NAI DE ADRIÁN, A CONTARNOS COUSAS SOBRE O TRICERATOPS, QUE TEN TRES CORNOS, QUE SE DEFENDÍA DOS SEUS DEPREDADORES COA COLA, CORNOS, E A GOLA. 
  CONVERTÍMONOS EN PAEONTÓLOGOS E METEMOS UN OVO DE DINOSAURIO EN AUGA!!

      

viernes, 5 de abril de 2019

TABLEIRO DA PREHSTORIA

 COMO ESTAMOS TRABALLANDO A PREHISTORIA, A PROFE CARMEN CONTOUNOS O LIBRO "QUE TAL NEANDERTAL"  E TROUXO UN TABLEIRO MOI CHULO, A BEE BOT LEVOUNOS A PREGUNTAS, A DEBUXOS PARA INVENTAR HISTORIAS PREHISTÓRICAS...PASÁMOLO XENIAL!!

  



  

jueves, 4 de abril de 2019

TRAMPAS PARA AS VESPAS VELUTINAS

   HOXE FIXEMOS DÚAS TRAMPAS PARA AS VESPAS VELUTINAS E XA AS TEMOS COLOCADAS NO PATIO!!

                      

miércoles, 3 de abril de 2019

PINTURAS RUPESTRES

  HOXE, TRABALLAMOS COAS CORES DAS PINTURAS RUPESTRES, ELABORÁMOLAS E DESPOIS PINTAMOS CON ELAS.


                    

martes, 2 de abril de 2019

O NOSO COMPOST

   HOXE, BALEIRAMOS O NOSO COMPOSTEIRO, QUITAMOS O COMPOST, PENEIRÁMOLO E POR ÚLTIMO BOTÁMOLO NA HORTA, PARA DESPOIS PODER PLANTAR!!

                                    

miércoles, 27 de marzo de 2019

VOLCÁN EN ERUPCIÓN

   HOXE, FIXEMOS UN EXPERIMENTO CO VOLCÁN QUE FIXERAMOS AO COMEZO DO PROXECTO. ENTROU EN ERUPCIÓN!!


 

" TAO, TAO"

  ONTE FOMOS VER A OBRA DE TEATRO "TAO, TAO" ; QUE NARRA A HISTORIA DO ÚLTIMO OSO PANDA DO PLANETA E A SÚA LOITA POR SOBREVIVIR.


    



lunes, 25 de marzo de 2019

DEINONICO

 HOXE, VIU ISA, A NAI DE SABELA, CONTOUNOS COUSAS SOBRE O DEINONICO, QUE ERA CARNÍVORO, VELOZ E QUE TIÑA UNHA GARRA TERRIBLE!!

   MOITAS GRAZAS ISA!!


     

 

lunes, 18 de marzo de 2019

CUMPREANOS DE VALENTINA

HOXE É O CUMPREANOS DE VALENTINA, E O CELEBRAMOS NO COLE, TOMAMOS PATACAS, ZUMES...E TARTA!!

          FELICIDADES VALENTINA!!

 

viernes, 8 de marzo de 2019

INTRÉPIDAS!!

  ONTE, PARA CELEBRAR O DÍA DA MULLER  TRABALLADORA, VISITOUNOS RENA ORTEGA, A ILUSTRADORA DO LIBRO "INTRÉPIDAS", O CAL NARRA HISTORIAS DE MULLERES QUE SUPERARON OS SEUS MEDOS E ACADARON AS AVENTURAS QUE SE PROPUXERON, SEN TER EN CONTA OS PREXUIZOS E ESTEREOTIPOS PROPIOS DA SOCIEDADE NA QUE VIVIMOS.  ASÍ QUE, TODOS PODEMOS ACADAR O QUE NOS PROPOÑAMOS!!
 
  MOITAS GRAZAS RENA, POR AXUDARNOS A EDUCAR AS NENAS E NENOS EN IGUALDADE!!

    

  

MARUXA

   HOXE, PARA CELEBRAR O DÍA DA MULER TRABALLADORA, A PROFE CARMEN PÚXONOS O VÍDEO DO CONTO "MARUXA", NO QUE MARUXA, FARTA DE VARRER, FREGAR E FACER SOA AS COUSAS DA CASA; DECIDE DARLLE UN ESCARMENTO AO SEU MARIDO. DESTE XEITO, PEPIÑO, DÁSE CONTA DE QUE O TRABALLO DA CASA ESTÁ MAL REPARTIDO  E CAMBIA DE ACTITUDE!!

 


  

viernes, 1 de marzo de 2019

ENTROIDO DE PAREDES

 HOXE, CELEBRAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA, HOUBO DE TODO, DESFILE, MERENDOLA, XOGOS E ATA NOS VIU VISITAR UN SUPER T-REX!!

 

ROBÓTICA E REALIDADE AUMENTADA

 CANTAS SORPRESAS TIÑAMOS AGOCHADAS NOS TABOLEIROS DE DINOSAURIOS DE BEEBOT!! AGORA A XOGAR E DESCUBRIR DENDE UN ENFOQUE DISTINTO!


jueves, 28 de febrero de 2019

miércoles, 27 de febrero de 2019

PERSONAXE MASCULINO

  HOXE, TOCABA PERSONAXE MASCULINO, E HOUBO ZORROS, PETER PAN, O FRAUTISTA DE HAMELÍN...



martes, 26 de febrero de 2019

lunes, 25 de febrero de 2019

LUNS: PERSONAXE MALO

 COMEZAMOS COA SEMANA DO MECO, HOXE TOCABA UN PERSONAXE MALO, E EN PAREDES CHEGARON MOITOS PIRATAS E LOBOS!!


viernes, 22 de febrero de 2019

SAÍDA Á FÁBRICA DE CLESA

   ONTE FOMOS VISITAR A FÁBRICA DE CLESA, ALÍ CONTÁRONNOS UN CONTO, DEBUXAMOS UNHA VACA, MIRAMOS COMO ERAN AS MÁQUINAS DA FÁBRICA E PARA REMATAR TOMAMOS UN IOGUR BOMBÓN!!


martes, 12 de febrero de 2019

O NOSO VOLCÁN

  ESTOS DÍAS ESTIVEMOS A CONSTRUIR UN VOLCÁN, PRIMEIRO FIXEMOS BOLITAS CON FOLLAS DE REVISTAS, MONTÁMOLAS, E DESPOIS PINTAMOS A HERBA, O VOLCÁN E UN POUCO DE LAVA.

  

lunes, 11 de febrero de 2019

TIRANOSAURIO REX

  HOXE, VIU Á ESCOLA, SILVIA, A NAI DE VALENTINA. AS DÚAS, CONTÁRONNOS MOITAS COUSAS SOBRE O T-REX. QUE É BÍPEDO, MOI FORTE, QUE TEN DENTES AFIADOS E UNHA COLA GRANDE PARA EQUILIBRARSE.
   MOITAS GRAZAS AS DÚAS!!


jueves, 7 de febrero de 2019

ANXO MOURE

HOXE VIU A PAREDES ANXO MOURE, UN ESCRITOR E CONTACONTOS. CHEGOU EN PATINETE!! E NARROUNOS HISTORIAS  MOI DIVERTIDAS.

 


miércoles, 6 de febrero de 2019

VELOCIRAPTOR


   HOXE, OLIVER E O SUE PAI, JAIME, CONTÁRONNOS COUSAS SOBRE O VELOCIRAPTOR, QUE ERA OVÍPARO, CARNÍVORO, CAZABA EN MANADAS E ERA MOI INTELIXENTE.
   MOITAS GRAZAS!!

  

viernes, 1 de febrero de 2019

SUBITIZACIÓN E GAFAS 3D

  HOXE, NO OBRADOIRO DE ROBÓTICA, TRABALLAMOS COA "SUBITIZACIÓN", QUE CONSISTE EN RECOÑECER O CARDINAL DUN CONXUNTO, SEN FACER NINGUNHA ACTIVIDADE DE CONTEO.  PRIMEIRO BOTAMOS O DADO, RECOÑECEMOS O NÚMERO QUE NOS TOCOU E DESPOIS ASOCIAMOS ESE NÚMERO CO CONXUNTO DE DINOSAURIOS CORRESPONDENTE.

   TAMEN PUIDEMOS REPETIR A VIVENCIACIÓN COAS GAFAS 3D, COAS QUE XA EXPERIMENTARAMOS O MÉRCORES!!


     

miércoles, 30 de enero de 2019

DÍA DA PAZ

 HOXE, CELÉBRASE O DÍA DA PAZ, E AÍNDA QUE É ALGO QUE SE FOMENTA TÓDOLOS DÍAS, QUIXEMOS FACER ALGO ESPECIAL PARA CELEBRALO.

    

miércoles, 23 de enero de 2019

O BINGO DOS DINOSAURIOS

A PROFE CARMEN, TROUXO UN BINGO DE DINOSAURIOS, PRIMEIRO RECOÑECÉMOLOS E DESPOIS XOGAMOS, FOI MOI DIVERTIDO.


      

A NOSA MASCOTA

   HOXE NO COLE, HABÍA UNHA SORPRESA, UN OVO DE DINOSAURIO!!, DO QUE SALE UN TRICERATOPS.
 É A NOSA NOVA MASCOTA, E CHAMÁMOLA ROBIN!!


       

viernes, 18 de enero de 2019

DINOSAURIOS E BEE BOT

HOXE, NA CLASE DE ROBÓTICA, A PROFE CARMEN, TROUXO UN PANEL DE DINOSAURIOS E UNHAS TARXETAS PARA IR COÑECENDO OS NOMES DALGUNS DELES. DESPOIS ESCRIBIMOS E DEBUXAMOS O DINOSAURIO QUE NOS TOCOU A CADA UN DE NÓS.


  

martes, 15 de enero de 2019

SAÍDA AOS DINOSAURIOS

   HOXE, FIXEMOS UNHA SAÍDA PARA VER OS DINOSAURIOS, MIRAMOS UNHAS PELIS CON GAFAS 3D, COÑECEMOS ANIMAIS DA IDADE DE XEO E COMO NON...A ERA MESOZOICA, CON ALGÚNS DOS SEUS DINOSAURIOS; SEN OLVIDAR QUE NOS CONVERTEMOS EN PALEONTÓLOGOS!!