martes, 28 de febrero de 2023

MUSEO VIRTUAL

 O MUV xa chegou á sede do CRA!

 O museo interactivo da Fundación Mª José Jove està instalado no espazo CRAcreando e o visitaremos o próximo mércores 15 de marzo xunto aos compañeiros da escola de Bértola. Ese día pasaremos toda a xornada escolar na BiblioCRA  e CRAcreando onde aprenderemos a facer un bo uso dese espazo no que compartimos cada tarde dos martes e dos xoves. 










Instalación basada en la artista Chiharu Shiota








 


lunes, 27 de febrero de 2023

VIAXE AO CONTINENTE ASIÁTICO

   HOXE, PUIDEMOS DESFRUTAR DA VIAXE AO CONTINENTE ASIÁTICO, QUE NOS PREPAROU A PROFE MARÍA, A NOSA MESTRA EN PRÁCTICAS DE @GENERACIÓN DOCENTES.  PASÁMOLO XENIAL!!

  













viernes, 17 de febrero de 2023

ENTROIDO

  HOXE CELEBRAMOS O ENTROIDO NA ESCOLA, E COMO ESTAMOS TRABALLANDO CO UNIVERSO, QUE MELLOR MANEIRA, QUE DISFRAZARNOS DE ALIENÍXENAS E ASTRONAUTAS!! FIXEMOS UN DESFILE CON CACEROLADA INCLUIDA, MERENDAMOS AS COUSAS TAN RICAS QUE NOS TROUXERON AS FAMILIAS E DESFRUTAMOS DO MARAVILLOSO DÍA!!

  GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!


 



jueves, 16 de febrero de 2023

ROBOTICRA DE ENTROIDO🌈🤖

 Hoxe na escola fixemos un obradoiro de RobotiCRA con duas propostas relacionadas coa cor e co entroido. Empregamos ao noso robot EDISON para repasar os nomes das partes do traxe tradicional de madama e galán, guiando ao robot coas lanternas. Tamén xogamos con QOBO reproducindo diferentes percorridos en base a un patrón. 






















miércoles, 15 de febrero de 2023

INSTALACIÓN ENTROIDO🎭🎉🎊

 Hoxe na escola desfrutamos dunha instalación con múltiples propostas de xogo relacionadas coas cores e o entroido. Pasámolo en grande!