miércoles, 27 de noviembre de 2024

CRAVIVENCIA BÉRTOLA-PAREDES. UNHA MAÑÁ DE ARTE

 HOXE RECIBIMOS NA NOSA ESCOLA @S  NOS@S COMPAÑEIR@S DE BÉRTOLA, PARA PODER LEVAR A CABO A PRIMEIRA CRAVIVENCIA DESTE CURSO ESCOLAR.

 A NOSA AULA ESTABA ORGANIZADA EN DIFERENTES ESTACIÓNS, RELACIONADAS CON DIFERENTES OBRAS ARTÍSTICAS, COMO OS ROSTROS CUBISTAS DE PICASSO, OS RETRATOS DE ARCIMBOLDO, INSANE 51, A OBRA DE KEITH HARING E A ESCULTURA DA CARA DUN BEBÉ DE ANTONIO LÓPEZ. 

 ENCÁNTANOS ESTAR XUNT@S E DESFRUTAR ESES RATIÑOS NA VOSA COMPAÑÍA!!


      














martes, 26 de noviembre de 2024

PEPUKA Y EL MONSTRUO QUE LE ROBÓ LA SONRISA

HOXE LEMOS O CONTO DE PEPUKA, A CAL UN MONSTRUO QUE COÑECEU E DO CAL SE NAMOROU, LEVOULLE O SORRISO, ATA QUE ELA DIXO BASTA!!.

REFLEXIONAMOS SOBRE O QUE OCORRE NO CONTO E FIXEMOS UNHA REPRESENTACIÓN DAS SÚAS PERSONAXES. PARA REMATAR PENSANDO QUE É O QUE MÁIS NOS GUSTA DE NÓS, E PORQUE NOS QUEREMOS, POIS PEPUKA APRENDEU A QUERERSE MOITO E A VALORARSE!! 

 

     









  

lunes, 25 de noviembre de 2024

VISITA AO CAFÉ MODERNO

 HOXE VIAXAMOS ATA PONTEVEDRA, PARA VISITAR A EXPOSICIÓN  "SIMULTÁNEA", NA QUE DA MAN DE YING E YANG, OBSERVAMOS DIFERENTES CADROS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS, UNS CON LIÑAS DEFINIDAS E PRECISAS E OUTROS NOS QUE  HABÍA DEBUXOS DESORDEADOS QUE DABAN LUGAR A ESE NOVO CONCEPTO QUE DESCUBRIMOS ESTOS DÍAS..A ABSTRACCIÓN.

DESPOIS PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO NO QUE PUIDEMOS VER A TRAVÉS DO MICROSCOPIO E ELABORAR A NOSA PROPIA OBRA ABSTRACTA!!


                                 




















jueves, 14 de noviembre de 2024

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

 HOXE CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DA DIABETES, E NA ESCOLA LEVAMOS A CABO UN MINI PROXECTO, NO QUE PARTIMOS DA LECTURA DO CONTO "MARTA Y MIGUEL TIENEN DIABETES", NESTA LECTURA APRENDEMOS QUE O PÁNCREAS DAS PERSOAS DIABÉTICAS NON FABRICA INSULINA OU FAINO EN POUCAS CANTIDADES.

ASÍ QUE PUXÉMONOS EN MARCHA E COA CAMISETA DE BODY PLANET, BUSCAMOS ONDE ESTÁ O PÁNCREAS NO NOSO CORPO. 

FABRICAMOS A HORMONA DA INSULINA E VALORAMOS OS HIDRATOS DE CARBONO DE DIFERENTES ALIMENTOS, PARA ORDENALOS DESPOIS DE MENOR A MAIOR CANTIDADE.

PARA REMATAR TRABALLAMOS CO "MÉTODO DO PLATO", ONDE APRENDEMOS A ELEXIR OS ALIMENTOS MÁIS ADECUADOS E O PORCENTAXE DE CADA UN DELES.