Como nos cursos anteriores, no mes de Novembro, no marco da conmemoración dos Dereitos dos nenos e nenas, e basándonos no dereito fundamental de “ ter un fogar", tocaba levar a Yolanda ás casas de Acollida, que non eran outras, que as dos nosos nenos e nenas.
O certo, é que esperaban ansiosas cada día, por saber a quen lle tocaría levala, imaxinando como sería compartir un anaco da súa vida con ela.
A experiencia estivo, unha vez máis, chea de momentos especiais e únicos.
Quero aproveitar para agradecer a colaboración e o tempo adicado por parte das familias.
Unha vez máis, grazas familias!!







































































































