martes, 29 de abril de 2025

VISITA Á BASE HELITRANSPORTADA DO CAMPIÑO

  ONTE, REALIZAMOS A SAÍDA Á BASE HELITRANSPORTADA DO CAMPIÑO, ONDE COMO SEMPRE, NOS RECIBIRON COS BRAZOS ABERTOS. 

ALÍ, EXPLICÁRONNOS COMO APAGABAN OS FOGOS, ENSINÁRONNOS O HELICOPTERO E AS FERRAMENTAS QUE UTILIZABAN. E, POR ÚLTIMO, PRENDERON A MANGUEIRA COA QUE QUEDAMOS IMPRESIONAD@S COA SÚA PRESIÓN.

   












lunes, 28 de abril de 2025

BAÑO DE BOSQUE NA CANTEIRA DE PAREDES 🌳

 Hoxe, partindo da experiencia realizada polos nosos compañeiros/as da #escoladefigueirido, fixemos un baño de bosque despois da lectura do conto e seguindo as súas instruccións. 

Fixemos un círculo,  pechamos os ollos, respiramos profundamente, escoitamos os sons da natureza e ata nos abrazamos ás árbores conectando corpo e mente.

O baño do bosque é unha práctica popular en Xapón e o Extremo Oriente que consiste en realizar unha visita a un bosque empapándose nel cos cinco sentidos para obter un benestar para as personas e a súa saúde.

PDI: MENS SANA IN CÓRPORE SANO