miércoles, 26 de noviembre de 2025

Arte, convivencia e reivindicación pola NON violencia

 Hoxe achegámonos a Pontevedra para  visitar a exposición Comedy Wildlife, onde puidemos desfrutar de fotografías cheas de humor, emoción e amor polos animáis. As imaxes fixéronnos sorrir e, ao mesmo tempo, invitáronnos a reflexionar sobre a importancia de coidar o planeta e respectar todos os seres vivos.

Aproveitamos a ocasión para xuntarnos cosas nosas compañeiras e compañeiros do CRA, co fin de levar a cabo unha manifestación simbólica polas rúas da cidade,  amosando o noso compromiso coa non violencia, o respeto e a igualdade.

Para isto, os días previos na escola, a partires da lectura de diferentes contos, reflexionamos e elaboramos dous paraguas, un con palabras horribles e outro con palabras cheas de amor.











































                Na escola, os días previos

      




   









lunes, 24 de noviembre de 2025

Novos espazos

  Hoxe estreamos os novos espazos da aula pequena da nosa escola.

Primeiro, repasamos as normas a seguir, como falar baixo, respectar as compañeiras e compañeiros no xogo, coidar os materias..

Despois marcamos o recanto elixido no cadro de rexistro, o cal nos vai a valer para non repetir recanto nos próximos días.

E, por último, tocou xogar!!