lunes, 16 de febrero de 2026

SESIÓN 0 PLANEA

 A red PLANEA, ten como fin traballar e implementar prácticas artísticas na escola de maneira transversal, este curso, pon en marcha o seu programa "Lapis, obxetos e  cubricións",  un recurso pedagóxico enfocado no uso de obxetos e na creación artística na aula.

Para comenzar coa sesión 0, coñecemos a obra de Christo e Jeanne-Claude, artistas que se adicaban a realizar instalacións artísticas ambientais, empregando grandes teas para envolver edificios e espazos públicos, transformando por completo a maneira de velos.

A partir desta inspiración, iniciamos a primeira actividade, que consistía en pasarnos dúas cubricións e intentar adivinar que eran, mediante o seu olor, tacto, dureza, tamaño.. A partires dahí, abrimos un pouquiño cada un, ata que descubrimos que eran un peluche e unhas chaves ( fío conductor na seguinte sesión)


















Para rematar esta sesión, eleximos dous obxectos, para facer as súas cubricións e envíalas a otra escola do CRA


   











SESIÓN 1 PLANEA

Continuando co traballo realizado na sesión 0, seguimos a facer actividades PLANEA. Comenzamos pasándonos dúas cubricións procedentes doutra escola do CRA. Ulímolas, tocámolas..e pouquiño a pouco descubrimos que era un libro de Entroido e unha pluma.

       






   Despois,  cambiamos de espazo e, por parellas, levamos a cabo unha nova proposta na que as chaves foron as protagonistas. Tratábase dun xogo explicado no primeiro espazo, no que o movemento, o son e a coordinación das chaves centraron toda a atención do alumnado.

            







Cando acabou o tempo do xogo das chaves, lemos un poema do libro Acuario 2, relacionado cos cabaliños de mar. Cando rematou a lectura, fixemos dúas filas e nos diriximos ao seguiste espazo, onde debuxamos algo relacionado coa lectura anterior, no rolo de papel.

Rematamos a sesión gardando o rotulador e facendo unha pequea melodía 





     
               











viernes, 13 de febrero de 2026

Festa do Entroido

 Este ano o Entroido celebrámolo na escola de Figueirido. Foi unha mañá moi especial pois alí nos xuntamos as nenas e nenos de Figueirido, Bértola e Paredes, para festexar esta tradición tan nosa.

Durante a primeira parte da mañá, ata as once, participamos en tres obradoiros moi divertidos:
👩‍🍳 Un obradoiro de cociña
🎲 Un obradoiro de xogos populares do Entroido de Cobres
🎨 E un obradoiro artístico 

Despois chegou un dos momentos máis agardados, vestímonos cos traxes de madamas e galáns, enchendo a escola de cor e tradición. O desfile tivo que ser un pouco apurado por mor da chuvia, pero iso non nos quitou o sorriso nin as ganas de festa.

Finalmente chegamos á Casa de Cultura, onde as familias nos estaban esperando cunha gran celebración preparada con moito agarimo: postres tradicionais do Entroido, froitas, biscoitos e moitas lambetadas para repoñer forzas.

Foi un día pasado por auga, pero tamén pasado por risas, convivencia e moita ilusión. Moitas grazas ás familias por facer posible un Entroido tan bonito! 🎉💛


                  

                    Obradoiro de Cociña

















Obradoiro de xogos poulares do Entroido de Cobres










  
     Obradoiro Artístico  






















Merenda