viernes, 10 de mayo de 2024

Leitaruga ou Mexacán? 🌻

 Seguimos investigando sobre a flora da nosa contorna e hoxe realizamos un experimento con Dentes de león que recollemos nunha pequena saída ata a Canteira.



Descubrimos que en galego se chaman Leitarugas, pero tamén cun nome moi divertido "Mexacán", xa que debido ás súas propiedades cando estes animais as comen prodúcenlles ganas de facer pis 🤭

Ademais aprendemos que esta planta é hidrofóbica, é dicir, que non se molla, así que por suposto tiñamos que comprobalo!







Como era tan divertido, buscamos outras cousas que tivesen hidrofobicidade e experimentamos coa canela. O dedo non se mollaba pero quedaba cun sabor riquísimo!










Unha vez comprobado, recollemos por escrito o aprendido. Somos uns auténtic@s artistas!








lunes, 6 de mayo de 2024

FUNDACIÓN IGUAL ARTE "CONTAMOS TODOS" .CRAVIVENCIA NA ESCOLA DE BARCIELA

  O PASADO XOVES FIXEMOS UNHA CRAVIVENCIA NA ESCOLA DE BARCIELA, COS NEN@S DAS ESCOLAS DE BÉRTOLA E BARCIELA. ALÍ PUIDEMOS DESFRUTAR DO MARAVILLOSO CONTO QUE NOS CONTARON E TEATRALIZARON @S MEMBR@S DA FUNDACIÓN IGUAL ARTE.


                             






















domingo, 28 de abril de 2024

OS SENTIDOS COA PROFE CELIA

  A PROFE CELIA PREPAROUNOS UNHA SESIÓN CUN MONTÓN DE XOGOS E EXPERIENCIAS MOI DIVERTIDAS, CO FIN DE TRABALLAR CADA UN DOS NOSOS SENTIDOS, VISTA, OLFATO, OÍDO, GUSTO E TACTO. 

GRAZAS PROFE CELIA!!