jueves, 23 de abril de 2026

Visita dos avós e avoas da Residencia Caser de Bértola

 Hoxe tivemos unha visita moi especial na nosa escola. Os avós e avoas da residencia Caser de Bértola viñeron pasar a mañá con nós e compartir momentos moi bonitos.

Aproveitando a conmemoración do Día do libro, contáronnos ”A que sabe a lúa", coa axuda de Maruja ❤️

Durante a visita, estivemos conversando con eles, escoitando as súas historias e aprendendo moitas cousas da súa experiencia. Foi moi enriquecedor poder compartir este tempo xuntos, cheo de risas, aprendizaxe e emocións.

Tamén lles ensinamos o noso patio e a horta da escola, onde puideron ver como coidamos as plantas e como aprendemos a través da natureza. Gustoulles moito coñecer estes espazos e participar con nós.

Queremos agradecer a súa visita e o cariño que nos transmitiron. Foi unha mañá moi especial que, sen dúbida, lembraremos con moito afecto.


























 





 







miércoles, 22 de abril de 2026

Todas e todos contamos

 Hoxe vivimos unha xornada moi especial na Casa de Cultura de Riomaior, onde tivemos a oportunidade de xuntarnos todas as escolas nun encontro cheo de aprendizaxe, convivencia e creatividade.

A fundación Igualarte, que traballa a prol da inclusión social e laboral de persoas con diversidade funcional, empregando a arte como ferramenta de expresión e sensibilización, fixo unha representación na que se lle deu valor os diferentes tipos de familias.

Despois, participamos nun pequeno obradoiro centrado nas diferentes tipoloxías de familias. Foi unha actividade moi enriquecedora que permitiu reflexionar sobre a diversidade familiar que existe na sociedade actual, fomentando o respecto e a comprensión entre o alumnado.

Tamén contamos coa valiosa colaboración do ANPA, que  pola celebración do Día do libro, organizou unha proposta na parte inferior do recinto. Alí, puidemos escoitar o conto “Orellas de bolboreta”, unha historia moi fermosa que nos fala da autoestima e da importancia de quererse a un mesmo. A continuación, realizamos un marcapáxinas de bolboreta como recordo da actividade.
































 


miércoles, 15 de abril de 2026

Día da Arte. A gran cubrición

 Hoxe conmemoramos o día da Arte, e que mellor maneira de facelo que xuntar a todo o alumnado do CRA, para facer unha gran cubrición dende a BiblioCRA ata o Concello.

Cubrición que se enmarca no proxecto lapis, obxectos e cubricións, da rede Planea, e que se inspira nas cubricións feitas por Christo e Jeanne-Claude.

Tamen aproveitamos para visitar o Concello, co fin de observar a exposición de fotos realizadas polas nenas e nenos dos tres centros escolares de Vilaboa.