jueves, 30 de abril de 2026

O MAIO

 Nestes días, na escola,  estivemos traballando arredor da tradición dos maios.

 Primeiro, comezamos co vocabulario, asociando palabras coas súas imaxes para comprendelo mellor. 

Despois, pedimos colaboración ás familias, co fin de ir traendo todas aquelas cousas que nos podían servir para elaborar o noso maio.

Tamén traballamos co volume empregando plastilina. Con ela, elaboramos algúns dos elementos do maio, como a xesta e a cala, desenvolvendo así a nosa creatividade mentres seguiamos afondando nesta tradición.

Pouquiño a pouco fomos construíndoo entre todos e todas, coidando cada detalle. 

Ao mesmo tempo, pensamos nos temas que podiamos incluír na elaboración da nosa copla dos maios, acordámonos da visitas das avoas e avós, da gran cubrición, da exposición das fotos, de Begoña, a redeira de Paredes..

Unha vez creada, redactámola e aprendémola, para cantala  arredor do noso maio, gozando desta fermosa tradición.



                         VOCABULARIO








TRABALLANDO CO VOLUME



















MONTAMOS O MAIO 

















                  ELABORAMOS A COPLA











CANTAMOS AO MAIO






lunes, 27 de abril de 2026

ISTO É UN LIBRO 📕

 Na nosa escola de Paredes celebramos a Semana do Libro cunha actividade moi especial organizada polo equipo de BiblioRA. Partindo da obra Ez egy könyv / Esto es un libro de Lane Smith, pertencente á nosa colección plurilingüe 🌍📖, vivimos unha experiencia chea de creatividade e ilusión.

As profes Cris e Conchita visitaron o centro cunha divertida dramatización que encantou a todo o alumnado, conseguindo captar a súa atención de principio a fin 💛. A través do humor, a interpretación e a interacción, os nenos e nenas mergulláronse no mundo dos libros dunha maneira dinámica e moi motivadora.

Con esta actividade non só fomentamos o gusto pola lectura, senón que tamén reflexionamos sobre a importancia de poñer en valor os libros fronte ao uso excesivo das pantallas 📖🚫📱. Descubrimos que un libro pode ser moito máis do que parece: unha fonte inesgotable de historias, aprendizaxes e emocións.

Seguimos traballando para que cada neno e nena descubra que ler é unha porta aberta á imaxinación, ao coñecemento e a un mundo mellor 🌍✨.