martes, 16 de junio de 2026

Grazas Profe Elena

 Hoxe a profe Elena, para despedirse de nós, quixo agasallarnos cunha actividade moi especial. Veu á escola para contarnos “Las llaves de los sueños”, un fermosísimo conto que nos invitou a reflexionar sobre os nosos desexos, os nosos retos e a importancia de perseguir os soños con ilusión e confianza. A través desta historia compartimos aprendizaxes moi valiosas e gozamos dun momento cheo de emoción e maxia.

Ao rematar, regalámonos unha gran aperta colectiva, desas que expresan todo o cariño e gratitude que ás veces as palabras non son capaces de transmitir.

Grazas a Elena por todo o que nos achegaches  durante este tempo, pola túa entrega, pola túa alegría e por acompañarnos neste camiño. Levamos connosco moitos recordos fermosos e aprendizaxes que permanecerán para sempre.

Desexámosche o mellor!! Esta sempre será a túa casa!!






             

lunes, 15 de junio de 2026

Saída á Casa do Patrón

 Hoxe realizamos unha saída moi especial á Casa do Patrón como marco final do noso proxecto anual  CRArte: das orixes á arte popular.

Durante a visita tivemos a oportunidade de coñecer as diferentes instalacións da Casa do Patrón e percorrer o seu museo, onde descubrimos numerosos obxectos, ferramentas e costumes que nos axudaron a comprender mellor como vivían as persoas antigamente.

Ao longo da xornada participamos en diversos obradoiros. Puidemos gozar dun obradoiro de elaboración de pan e doutro de barro, nos que experimentamos de maneira práctica algúns dos oficios e actividades tradicionais. Ademais, o alumnado de 5 años, participou nun interesante obradoiro de teares, achegándose ao proceso de elaboración dos tecidos.

Tamén houbo tempo para compartir momentos de lecer: merendamos, xogamos cos compañeiros e compañeiras, desfrutamos da comida e, para rematar a xornada, realizamos unha pequena ruta pola contorna.


                    OBRADOIRO DE PAN














             









                  OBRADOIRO DE TEARES







                  OBRADOIRO DE BARRO

            





















MUSEO