miércoles, 31 de mayo de 2023

AVISTA A ÁRBORE🍃🌳

Hoxe saímos á Canteira a investigar as árbores que se atopan nela co xogo da BiblioCRA chamado “Avista el árbol”. A través de distintas tarxetas onde aparecen as características ilustradas de diferebtes árbores: folla, tronco, flor, froito… Analizamos varias especies, ilustrámolas a través do debuxo e calcamos as suas follas a través da técnica do “frottage” arrastrando as pinturas.
















 

jueves, 25 de mayo de 2023

NATU-INSECTOS 🪲🦋

 Esta mañá saímos á Canteira para realizar unha actividade creativa onde buscamos diferentes cores e texturas para completar os nosos insectos con elementos da natureza. Despois plasmábamos o realizado nunha folla de rexistro empregando as cores localizadas no exterior. 
















martes, 23 de mayo de 2023

SAÍDA Á BASE FORESTAL 🚁

 Hoxe o grupo de 6º visitamos a base da brigada forestal de O Campiño, onde nos explicaron a súa gran labor e nos deixaron coñecer de primeira man o helicóptero. Pasámolo en grande ! 













jueves, 18 de mayo de 2023

TRAXE TRADICIONAL GALEGO 🤍💙

Estes días estivemos a conmemorar na escola a Semana das Letras Galegas, que este ano ten coma homenaxeado a Francisco Fernández del Riego, e para iso partimos da sua obra sobre danzas e bailes, no que analizamos e traballamos a partir das partes do traxe tradicional galego. A profe Alba trouxonos o seu propio e coñecimos o nome das distintas prendas, probámolo e fixemos diferentes xogos para aprender o vocabulario.