viernes, 17 de febrero de 2017

SOPRAMOS PLANETAS COA PROFE ISABEL

A PROFE ISA, DE AUDICIÓN E LINGUAXE, TROUXONOS UNS PLANETAS QUE TÍÑAMOS QUE SOPRAR, PARA LEVALOS POLA SÚA ÓRBITA. PASÁMOLO MOI BEN.

jueves, 16 de febrero de 2017

NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS UN CONTO MÁXICO



A falta de escuridade, xa que a nosa Escola ten a virtude de ser moi luminosa, atopamos atractivas solucións: UNHA CAIXA DE CARTÓN

martes, 14 de febrero de 2017

jueves, 9 de febrero de 2017

AS FASES DA LÚA

 Os nenos e nenas da ESCOLA de Bértola prestáronnos a súa Caixa das Fases da Lúa.
Sabedes qué fase é esta?


A LÚA ten forma de "D" a LÚA está CRECENTE !!!

COSMO E A ESTRELA PERDIDA. BUSCAMOS A ESTRELA POLAR

Hoxe escoitamos un conto maravilloso sobre o UNIVERSO. O seu protagonista COSMO estaba a procura da ESTRELA Polar. Nós tamén a atopamos nun pequeno planetario. A ESTRELA POLAR forma parte da Constelación "OSA MENOR" 



AMPLIAMOS COÑECEMENTOS SOBRE O SISTEMA SOLAR

Sabemos moitísimas cousas!!!! O seu tamaño, cor, a orixe do seu nome... e sabedes en que planeta ímonos centrar agora?? Despois de VENUS ven..... A TERRA!!!!

jueves, 2 de febrero de 2017

PROBANDO GAFAS DE REALIDADE AUMENTADA

HOXE A PROFE CONCHITA, TROUXONOS UNHAS GAFAS SUPER CHULAS, PUIDEMOS MIRAR O UNIVERSO COMO SE ESTIVÉSEMOS NO MEDIO DEL. GRAZAS CONCHITA!! ENCANTOUNOS!!

XOGAMOS COA BEEBOT A TRAVÉS DO SISTEMA SOLAR

Moitas grazas á Escola de Figueirido por compartir con nós este panel. 
As profes comprobaron que xa coñecemos tódolos planetas do Sistema Solar, e agora a nosa BEEBOT tamén.