Con motivo da conmemoración do Día da muller traballadora ♀️🧏♀️ apoiámonos na lectura do conto O país dos mandóns da editorial Embora para reflexionar sobre o que as nenas poden ou non poden facer.
Recollemos todas as ideas na pizarra e descubrimos a mulleres reais que desenvolven esas actividades coa axuda dunhas tarxetas.
Comezamos o noso propio manifesto, As nenas poden..., debuxando as accións.
Logo pegamos as nosas creacións nunha cartolina e apuntamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario