Hoxe, xoves 3 de xuño, a Xefatura Territorial de Educación comunicou ao centro que se vai proceder a realizar un cribado masivo
no CRA (alumnado, profesorado e persoal non docente). O obxectivo é
detectar posibles asintomáticos e evitar calquera repunta nos contaxios logo de detectar un caso positivo no noso centro e ante o aumento exponencial de casos no concello.
Por todo isto, solicitamos a colaboración das familias e titores/as legais do alumnado para facer o cribado e solicitámoslles de forma urxente que traian asinada esta autorización a través do/a alumno/a para que a entregue á súa titora antes da realización da proba (MARTES 8 DE XUÑO).
A autorización en papel chegará hoxe mesmo ás casas de man do alumnado. Tamén se pode descargar premendo no seguinte enlace:
AUTORIZACIÓN
No hay comentarios:
Publicar un comentario