miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGO BOLSA BRINCACONTOS 🧩🦘




 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na escola de Paredes tocounos a bolsa laranxa, asociada ao programa Inclúe-T, e incorpora o xogo do “Post man”.

     

          

Por se vos preguntades como fixemos este vídeo tan espectacular, deixamos as fotiños do proceso de grabación co croma, material de Polos Creativos.








         

No hay comentarios:

Publicar un comentario