Esta semana no taller de robotiCRA repasamos a regla das R e propuxémonos ensinarlle ao noso novo amigo, Cubetto, como se separa o lixo para reciclalo, xa que nós somos uns auténtic@s expert@s!!
Coñecemos a historia de Rana de 3 ollos de Olga de Dios e reflexionamos sobre as consecuencias que o consumismo pode ter na fauna do noso planeta.
Despois repasamos que tipo de residuo depositamos en cada contenedor.
E xa estábamos preparados para darlle unha clase de reciclaxe á Cubetto!! Tiramos o dado, identificamos o tipo de residuo que vai no contenedor que nos tocou, e escollemos un exemplo para ensinarlle ao noso amigo 🪵
No hay comentarios:
Publicar un comentario