Nesta semana na que conmemoramos a diversidade afectivo-sexual, aproveitamos o obradoiro de RobotiCRA para coñecer a historia de Luísa, Moncho, Edu, Luca e outras personaxes realizando unha proposta de robótica sen robot. Así, descubrimos as cousas non sempre son o que parecen e que existen mil formas de ser e sentir, todas válidas e marabillosas ❤️🧡💛💚💙💜
Primeiro, seguimos a pista da tarxeta para descubrir a que conto conducía o camiño proposto.
Despois localizamos o conto de inicio e o conto de fin, e tivemos que inventar o camiño para chegar.
E por último atrevémonos a realizar as nosas propias pistas! De xeito cooperativo escollemos un conto de inicio, un conto de fin e propuxemos o camiño. Como mola ser roboexpert@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario