Seguimos investigando sobre a flora da nosa contorna e hoxe realizamos un experimento con Dentes de león que recollemos nunha pequena saída ata a Canteira.
Descubrimos que en galego se chaman Leitarugas, pero tamén cun nome moi divertido "Mexacán", xa que debido ás súas propiedades cando estes animais as comen prodúcenlles ganas de facer pis 🤭
Ademais aprendemos que esta planta é hidrofóbica, é dicir, que non se molla, así que por suposto tiñamos que comprobalo!
Como era tan divertido, buscamos outras cousas que tivesen hidrofobicidade e experimentamos coa canela. O dedo non se mollaba pero quedaba cun sabor riquísimo!
Unha vez comprobado, recollemos por escrito o aprendido. Somos uns auténtic@s artistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario