martes, 20 de octubre de 2026

Visita á lonxa e marisqueo na Praia de Deilán. CRAvivencia coas escolas de Bértola e Figueirido

 Hoxe, xunto coas compañeiras e compañeiros das escolas de Bértola e Figueirido visitamos a lonxa e a Praia de Deilán.

Fixemos dous grupos, que rotamos ao rematar a actividade.

Un grupo estaba na lonxa, xunto con Rita, que nos ensinou a pescar con rede e a importancia de que debemos deixar crecer os peixes pequenos. Tamen aprendemos como se fai unha poxa e ensinounos algúns dos aparatos que utilizan, como a máquina que separa as ameixas en función do seu tamaño.

O otro grupo foi á praia a mariscar, xunto con Teresa e Rosa, que nos ensinou as ferramentas para mariscar: o rastrillo e o angazo.

Despois tocounos a nós convertirnos en mariscadoras e mariscadores.

Foi unha mañá de moitos aprendizaxes!!

Grazas familias por facelo posible ❤️



                                  LONXA 







    




   
        







               

    







        

                                  PRAIA





   



          

















No hay comentarios:

Publicar un comentario