lunes, 27 de abril de 2020
AUDICIÓN E LINGUAXE: SEMANA 27-30 ABRIL
XOGO DA RULETA: pica na ruleta e feixe o que che pida.
SOPRAMOS CANDEAS:Imos xogar a soprar candeas, propóñovos que tentedes apagar unha candea de diferentes formas, soprando forte, soprando frouxo, cun soplido curto, cun soplido forte... e se vos atrevedes mesmo tentar apagala soprando polo nariz!!!
QUÉDATE NA CASA. SEMANA DOS MAIOS
HOLA A TOD@S!! COMEZAMOS UNHA NOVA SEMANA, SEMANA NA QUE SE CELEBRA A FESTA DOS MAIOS, PERO COMO TOD@S SABEMOS, NON SE VAI PODER FESTEXAR COMO NOUTROS ANOS, POR ISO, OS RETOS XIRAN EN TORNO A ESTA CELEBRACIÓN!!
ESPERO QUE DISFRUTEDES COAS PROPOSTAS, ESPERAMOS AS VOSAS FOTOS E VÍDEOS.
MOITOS BIQUIÑOS!!
ESPERO QUE DISFRUTEDES COAS PROPOSTAS, ESPERAMOS AS VOSAS FOTOS E VÍDEOS.
MOITOS BIQUIÑOS!!
viernes, 24 de abril de 2020
AS NOSAS TAREFAS SEMANAIS
HOLA A TOD@S!!
AQUÍ ESTÁ O VÍDEO CON TODO O QUE TRABALLÁCHEDES ESTA SEMANA, ASÍ ME GUSTA, FELICÍTOVOS POLO VOSO TRABALLO, POIS O FIXÉCHEDES XENIAL!! SEGUIDE ASÍ.
MOITOS BICOS E APERTAS
AQUÍ ESTÁ O VÍDEO CON TODO O QUE TRABALLÁCHEDES ESTA SEMANA, ASÍ ME GUSTA, FELICÍTOVOS POLO VOSO TRABALLO, POIS O FIXÉCHEDES XENIAL!! SEGUIDE ASÍ.
MOITOS BICOS E APERTAS
lunes, 20 de abril de 2020
AUDICIÓN E LINGUAXE: SEMANA 20-24 ABRIL
Bos días nenos e nenas, esta semana déixovos dous retos:
1- Un vídeo no que deberedes estar moi atentos para poder ir repetindo todas as palabras que vos van dicindo. Picade na imaxe.
a
2- Xogamos aos dados, déixovos un enlace para facer 3 dados, en cada dado podedes facer debuxos de diferentes cousas, por exemplo:
* accións: correr, comer, beber...
* obxectos: mesa, pelota, peite…
* persoas: avó, neno, bombeiro…
Despois tirádelos á vez e formades historias, coas tres imaxes que vos saian na parte de arriba de cada dado.
BOA SEMANA!!!!
PROPOSTA SEMANAL
viernes, 17 de abril de 2020
AUDICIÓN E LINGUAXE: VEXO VEXO
Hoxe imos xogar ao vexo vexo, pero en lugar de dicir a letra pola que empeza a palabra diremos a sílaba pola que empeza. Exemplo: “empeza por za” = zapato.
Bo finde!!!!
DESAFIANDO A NOSA CREATIVIDADE
BO DÍA A TOD@S!! HOXE TOCA DESAFIAR A NOSA CREATIVIDADE, ALGUEN SE ATREVE??
DEÍXOVOS UNHAS IDEAS
UN BIQUIÑO FORTE
DEÍXOVOS UNHAS IDEAS
UN BIQUIÑO FORTE
jueves, 16 de abril de 2020
AUDICIÓN E LINGUAXE: IGUAL OU DIFERENTE
Hoxe propóñovos un xogo, tedes que pensar parellas de palabras que soen case igual, por exemplo, PONTE-FONTE, só cambiando unha letra conseguimos dúas palabras diferentes.
A pensar!!!!!
RETO DO DÍA
BO DÍA A TOD@S!!
O RETO DO DÍA DE HOXE, É MIRAR O CONTO DA "POTA QUE TROTA"
E DESPOIS DISO FACER ALGUNHA DAS TAREFAS QUE VOS DEIXO A CONTINUACIÓN
ESPERO QUE DISFRUTES!!
BIQUIÑOS
E DESPOIS DISO FACER ALGUNHA DAS TAREFAS QUE VOS DEIXO A CONTINUACIÓN
ESPERO QUE DISFRUTES!!
BIQUIÑOS
miércoles, 15 de abril de 2020
AUDICIÓN E LINGUAXE: O CONTO DA SEÑORA LINGUA
Hoxe vouvos a contar o conto da Señora Lingua que todos coñecedes, propóñovos que o fagades comigo.
Atá mañá!!!!
CREANDO
BO DÍA A TOD@S!!
PARA A TAREFA DE HOXE, PRECISAMOS:
-UNHA CAIXA
-PAPEL E CORES
-FARIÑA, ARROZ, OU AZÚCRE.
O QUE TEDES QUE FACER, É PINTAR DE MOITAS CORES UN PAPEL, CANDO XA O TEÑADES, POÑÉDELO NO FONDO DA CAIXA E BOTÁDESLLE POR RIBA FARIÑA, ARROZ OU AZÚCRE.
E AGORA CO VOSO DEDO, A FACER OS DEBUXOS, LETRAS, NÚMEROS...QUE VOS QUEIRADES!!
ASÍ QUE A CREAR!! ESPERAMOS AS VOSAS OBRAS DE ARTE!!
PARA A TAREFA DE HOXE, PRECISAMOS:
-UNHA CAIXA
-PAPEL E CORES
-FARIÑA, ARROZ, OU AZÚCRE.
O QUE TEDES QUE FACER, É PINTAR DE MOITAS CORES UN PAPEL, CANDO XA O TEÑADES, POÑÉDELO NO FONDO DA CAIXA E BOTÁDESLLE POR RIBA FARIÑA, ARROZ OU AZÚCRE.
E AGORA CO VOSO DEDO, A FACER OS DEBUXOS, LETRAS, NÚMEROS...QUE VOS QUEIRADES!!
ASÍ QUE A CREAR!! ESPERAMOS AS VOSAS OBRAS DE ARTE!!
martes, 14 de abril de 2020
FOTOS DAS VOSAS VACACIÓNS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)