miércoles, 30 de noviembre de 2022

XOGO BOLSA BRINCACONTOS 🧩🦘




 Dende a biblioCRA puxemos en movemento a inicio de curso as bolsas Brincacontos. Unhas bolsiñas con contido da biblioteca que irán rotando ao longo do curso por todas as escolas do CRA. Estas bolsas conteñen contos de diversas temáticas e este ano incorporamos tamén un xogo en cada unha delas para acercar ao alumnado a todas as linguaxes presentes na biblioteca escolar. 

Por iso, eles e elas mesmos son os encargados de explicar o xogo que chegou na primeira bolsiña al resto das escolas do CRA, incorporando un código QR en cada xogo co enlace ao vídeo explicativo dos nenos e nenas. 

Na escola de Paredes tocounos a bolsa laranxa, asociada ao programa Inclúe-T, e incorpora o xogo do “Post man”.

     

          

Por se vos preguntades como fixemos este vídeo tan espectacular, deixamos as fotiños do proceso de grabación co croma, material de Polos Creativos.








         

lunes, 28 de noviembre de 2022

IOGA NA ESCOLA

  O IOGA É MOI BENEFICIOSO PARA OS NEN@S, POIS AUMENTA A SÚA AUTOESTIMA, CALMA E RELAXA, FAVORECE A CONCENTRACIÓN, MELLORA A POSTURA...., POR ISO TODAS AS SEMANAS LLE ADICAMOS UNS RATIÑOS A PRÁCTICA DO MESMO!!


        








viernes, 25 de noviembre de 2022

NIN UNHA MENOS 25N

 Dende o CRA de Vilaboa, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con esta exposición fotográfica inspirada na obra: ‘Nin unha menos’da artista Ana Gesto.



                   










jueves, 24 de noviembre de 2022

INSTALACIÓN POP-ART 🥫🎨

 Despois da visita da semana pasada á exposición “This is Pop!”, hoxe desfrutamos desta instalación de xogo preparada para poñer en práctica todo o que aprendimos. Desfrutamos e experimentamos creando seguindo a liña de Andy Warhol.



















miércoles, 23 de noviembre de 2022

EXPERIMENTO FASES DA LÚA🌒🔦




 No marco do noso proxecto de centro “De Vilaboa á Vía Láctea”, estamos descubrindo as maravillas da Lúa. Por iso fixemos este experimento para recrear as fases da Lúa despois de ler o conto de “¡LUNA! La mejor amiga de la Tierra” unha nova incorporación a nosa biblioteca de aula.