jueves, 21 de diciembre de 2023
FESTA DE NADAL NA ESCOLA
HOXE, DESPOIS DO FESTIVAL, FOMOS PARA A ESCOLA, ONDE MERENDAMOS ROSCA, ABRIMOS OS AGASALLOS E BAILAMOS MOITAS PANXOLIÑAS. PASÁMOLO XENIAL!!
miércoles, 20 de diciembre de 2023
VISITA Á PANADERÍA DO AVÓ MANUEL
HOXE, TIVEMOS A GRAN SORTE DE QUE OS NOS@S COMPAÑEIR@S DA ESCOLA DE BÉRTOLA, NOS VOLVERAN A ACOLLER NA SÚA ESCOLA E PODER VISITAR A PANADERÍA DA FAMILIA DE MANUEL. ALÍ AMASAMOS, DÉMOSLLE FORMA AO NOSO BOLO, MERENDAMOS, XOGAMOS E COÑECEMOS OS ANIMALIÑOS QUE TEÑEN , COELLIÑOS BEBÉS, A CABRA COS SEUS BEBÉS TAMEN, OS PORCOS, OS TENREIROS..E MENTRES NÓS DESFRUTÁBAMOS COÑECENDO OS ANIMALIÑOS, OS NOSOS BOLOS ESTABAN A COCERSE, PARA QUE O MARCHAR, OS PUIDERAMOS LEVAR PARA COMER NAS NOSAS CASIÑAS, O NOSO E MAILO QUE LEVAMOS DE REGALO, UNHA PIÑA DE PAN GRAMADO.
TODO ISTO NON SERÍA POSIBLE SEN A COLABORACIÓN DOS NOSOS PAPÁS, MAMÁS, AVÓS E AVOAS, QUE ACHEGAN ÓS NEN@S Á ESCOLA DE BÉRTOLA, ASÍ QUE MOITAS GRAZAS A TODOS.
E MOITÍSIMAS GRAZAS A FRAN E A PACO, POR FACER QUE ESTA MAÑÁ FOSE TAN MARAVILLOSA.
martes, 19 de diciembre de 2023
Alumbrado de Nadal 🎄
Hoxe saímos a pasear pola contorna para desfrutar da decoración de Nadal dos veciños e veciñas de Paredes, e tivemos a sorte de charlar con algún deles 💙
Encantounos todo! 🎄🎅