lunes, 27 de abril de 2026

ISTO É UN LIBRO 📕

 Na nosa escola de Paredes celebramos a Semana do Libro cunha actividade moi especial organizada polo equipo de BiblioRA. Partindo da obra Ez egy könyv / Esto es un libro de Lane Smith, pertencente á nosa colección plurilingüe 🌍📖, vivimos unha experiencia chea de creatividade e ilusión.

As profes Cris e Conchita visitaron o centro cunha divertida dramatización que encantou a todo o alumnado, conseguindo captar a súa atención de principio a fin 💛. A través do humor, a interpretación e a interacción, os nenos e nenas mergulláronse no mundo dos libros dunha maneira dinámica e moi motivadora.

Con esta actividade non só fomentamos o gusto pola lectura, senón que tamén reflexionamos sobre a importancia de poñer en valor os libros fronte ao uso excesivo das pantallas 📖🚫📱. Descubrimos que un libro pode ser moito máis do que parece: unha fonte inesgotable de historias, aprendizaxes e emocións.

Seguimos traballando para que cada neno e nena descubra que ler é unha porta aberta á imaxinación, ao coñecemento e a un mundo mellor 🌍✨.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario