Hoxe vivimos unha xornada moi especial na Casa de Cultura de Riomaior, onde tivemos a oportunidade de xuntarnos todas as escolas nun encontro cheo de aprendizaxe, convivencia e creatividade.
A fundación Igualarte, que traballa a prol da inclusión social e laboral de persoas con diversidade funcional, empregando a arte como ferramenta de expresión e sensibilización, fixo unha representación na que se lle deu valor os diferentes tipos de familias.
Despois, participamos nun pequeno obradoiro centrado nas diferentes tipoloxías de familias. Foi unha actividade moi enriquecedora que permitiu reflexionar sobre a diversidade familiar que existe na sociedade actual, fomentando o respecto e a comprensión entre o alumnado.
Tamén contamos coa valiosa colaboración do ANPA, que pola celebración do Día do libro, organizou unha proposta na parte inferior do recinto. Alí, puidemos escoitar o conto “Orellas de bolboreta”, unha historia moi fermosa que nos fala da autoestima e da importancia de quererse a un mesmo. A continuación, realizamos un marcapáxinas de bolboreta como recordo da actividade.




















No hay comentarios:
Publicar un comentario