jueves, 5 de marzo de 2026

Unha mañá moi especial

 Hoxe tivemos unha mañá cargadiña de actividades, comezamos co espectáculo de maxia "La igualdad no tiene truco".

Despois aproveitamos para recargar forzas no exterior.

Fixemos a carreira solidaria e para rematar.... a Festa Holi. 

Pasámolo xenial e desfrutamos moitísimo!!


ESPECTÁCULO DE MAXIA " La igualdad no tiene truco"












CARREIRA SOLIDARIA "Somos un cole entre cien mil"








HOLI PARTY




























viernes, 27 de febrero de 2026

SESIÓN 3 PLANEA

 Seguindo coas sesións de PLANEA, chegamos a terceira, que comezou co paso dunha cubrición, sempre traballando co contacto visual e coa concentración. Por cada paso, pedimos o alumnado que mencione un animal.

Rematada esta primeira parte, explicamos a introducción dun novo elemento, que será sonoro, no xogo das chaves.

Cambiamos de espazo, e facemos  o xogo, recordando comezar polo exercicio de mans.









Ao remate do xogo, lemos unha poesía de Rosalía de Castro e dirixímonos ó novo espazo, onde debuxamos algo relacionado coa lectura do poema.
Para rematar a sesión, gardamos de un en un o rotulador e facemos unha melodía 











jueves, 26 de febrero de 2026

Visita á escola de Canteiros

 Hoxe vivimos unha xornada moi especial.

Primeiro fixemos unha pequena ruta polos petroglifos, onde puidemos observar estas antigas gravacións na pedra e aprender un pouco sobre a súa importancia histórica. Aproveitamos tamén para facer unha pequena merenda antes de continuar a visita.












Despois desprazámonos ao CIFP de Cantería de Poio, onde nos ensinaron moitas cousas sobre o traballo da pedra. Explicáronnos os diferentes tipos de materiais, as ferramentas que empregan e os procesos de elaboración. Ademais, puidemos ver exemplos de pezas realizadas polo alumnado e comprobar de primeira man a precisión e dedicación que require este oficio.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que combinamos natureza, historia e aprendizaxe.

Grazas por acollernos e ensinarnos este oficio tradicional!!