Hoxe vivimos unha xornada moi especial.
Primeiro fixemos unha pequena ruta polos petroglifos, onde puidemos observar estas antigas gravacións na pedra e aprender un pouco sobre a súa importancia histórica. Aproveitamos tamén para facer unha pequena merenda antes de continuar a visita.
Despois desprazámonos ao CIFP de Cantería de Poio, onde nos ensinaron moitas cousas sobre o traballo da pedra. Explicáronnos os diferentes tipos de materiais, as ferramentas que empregan e os procesos de elaboración. Ademais, puidemos ver exemplos de pezas realizadas polo alumnado e comprobar de primeira man a precisión e dedicación que require este oficio.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que combinamos natureza, historia e aprendizaxe.
Grazas por acollernos e ensinarnos este oficio tradicional!!








































No hay comentarios:
Publicar un comentario