lunes, 25 de noviembre de 2024

VISITA AO CAFÉ MODERNO

 HOXE VIAXAMOS ATA PONTEVEDRA, PARA VISITAR A EXPOSICIÓN  "SIMULTÁNEA", NA QUE DA MAN DE YING E YANG, OBSERVAMOS DIFERENTES CADROS E AS SÚAS CARACTERÍSTICAS, UNS CON LIÑAS DEFINIDAS E PRECISAS E OUTROS NOS QUE  HABÍA DEBUXOS DESORDEADOS QUE DABAN LUGAR A ESE NOVO CONCEPTO QUE DESCUBRIMOS ESTOS DÍAS..A ABSTRACCIÓN.

DESPOIS PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO NO QUE PUIDEMOS VER A TRAVÉS DO MICROSCOPIO E ELABORAR A NOSA PROPIA OBRA ABSTRACTA!!


                                 




















jueves, 14 de noviembre de 2024

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

 HOXE CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL DA DIABETES, E NA ESCOLA LEVAMOS A CABO UN MINI PROXECTO, NO QUE PARTIMOS DA LECTURA DO CONTO "MARTA Y MIGUEL TIENEN DIABETES", NESTA LECTURA APRENDEMOS QUE O PÁNCREAS DAS PERSOAS DIABÉTICAS NON FABRICA INSULINA OU FAINO EN POUCAS CANTIDADES.

ASÍ QUE PUXÉMONOS EN MARCHA E COA CAMISETA DE BODY PLANET, BUSCAMOS ONDE ESTÁ O PÁNCREAS NO NOSO CORPO. 

FABRICAMOS A HORMONA DA INSULINA E VALORAMOS OS HIDRATOS DE CARBONO DE DIFERENTES ALIMENTOS, PARA ORDENALOS DESPOIS DE MENOR A MAIOR CANTIDADE.

PARA REMATAR TRABALLAMOS CO "MÉTODO DO PLATO", ONDE APRENDEMOS A ELEXIR OS ALIMENTOS MÁIS ADECUADOS E O PORCENTAXE DE CADA UN DELES.