VISITAMOS A BIBLIOCRA!
Bértola-Paredes
Comenzamos a mañá no concello. Camiñamos xunt@s ata a BiblioCRA coas profes Fátima, Bego, Isa e Conchita, e Mónica.
Chegamos á BiblioCRA e fixemos unha visita á cartería María para decorar a súa árbore de Nadal cos adornos feitos na escola.
A profe Isa tiña unha misión preparada para nós. Os profes están formándose para facer do CRA un cole máis inclusivo, e nós tiñamos que colocar os pictos na BiblioCRA.
En CRAcreando a profe Yoli tíñanos actividades chulísimas de LEGO e coa PLAYMAKE. Xogamos e fixemos adornos con brillantes.
Coas profes Fátima e Bego preparamos unha felicitación de Nadal para a Farmacia de Loreto e para o Alcalde, e escribimos unha postal de Nadal para a residencia de maiores.
Visitamos a Farmacia de Loreto que quedou encantada e agasallounos a tod@s, e logo de merendar no concello, démosle a felicitación ao alcalde.
De novo na BiblioCRA a profe Marta, a BiblioteCRAria principal, explicounos como é a BiblioCRA, cómo se organizan os libros, como os podemos atopar e como debemos empregar o marcalugar para volver a colocalos no seu sitio. Amosounos que hai libros de música, de natureza, do corpo… e logo contounos “Los libros non se comen”.
A última hora, María a carteira petounos na porta para poder votar a carta no buzón.
Pasámolo moi ben!







No hay comentarios:
Publicar un comentario