Durante estos últimos días, na nosa escola tivemos a sorte de recibir a visita dos nosos compañeiros e compañeiras da Escola de Barciela, das escolas de Bértola-Figueirido e, por último, da escola de Pousada. Un encontro moi especial no que todos e todas tivemos a oportunidade de participar e utilizar a nosa Radio Salgadiña.
Esta actividade enmárcase dentro da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Begoña Camaño. A homenaxeada mantivo unha estreita relación coa radio, un medio que empregou como ferramenta de difusión e conexión coa lingua e a cultura galega, converténdose nunha voz importante para moitas persoas.
Ademais, aproveitamos estas xornadas para desfrutar de diferentes estacións de actividades, todas elas desenvolvidas arredor de contos de autoría ou Ilustración galega.
Foron uns días cheos de aprendizaxe, convivencia e moita ilusión que, sen dúbida, deixaron grandes momentos para lembrar.

































































No hay comentarios:
Publicar un comentario