miércoles, 6 de mayo de 2026

Vexo, Vexo Xacobeo

 Hoxe tivemos unha xornada moi especial. Recibimos na escola de Bértola, a visita dun contacontos enmarcado no Vexo, Vexo Xacobeo do Plan Proxecta +,  que xunto con Trovador e Burlón, nos fixo gozar con historias cheas de imaxinación, humor e participación, relacionado todo co Camiño de Santiago.

 O alumnado estivo moi atento e implicado, convertendo a actividade nun momento inesquecible.

Ademais, esta actividade serviunos como punto de encontro para facer convivencia entre as escolas de Bértola, Figueirido e Paredes. Foi unha oportunidade estupenda para compartir experiencias e coñecernos mellor.

Unha vez rematado o contacontos, fixemos  merendamos todos xuntos, aproveitando para descansar e recobrar forzas.

Para completar a xornada, realizamos un pequeno tramo do Camiño de Santiago, gozando da natureza e da compañía. Sen dúbida, foi un día cheo de aprendizaxe e convivencia.




















 








 






No hay comentarios:

Publicar un comentario