lunes, 25 de mayo de 2026

Volume coa plastilina

 Na aula seguemos a traballar o concepto de volume dunha maneira creativa e manipulativa empregando esta vez, plastilina. 

A cada alumna e alumno entregóuselle un pequeno anaco co que puideron experimentar libremente, modelando diferentes creacións segundo a súa imaxinación.

Ao longo da actividade foron aparecendo bechos, teléfonos, letras, pequenas esculturas e moitas outras formas sorprendentes. Ademais de desenvolver a creatividade, esta proposta permitiulles mellorar a motricidade fina, observar as formas no espazo e comprender mellor como os obxectos ocupan volume.














No hay comentarios:

Publicar un comentario