viernes, 12 de junio de 2026

Circuito de pump track

 Hoxe vivimos unha xornada moi especial! Cada neno e nena trouxo a súa bicicleta ou patinete e, por suposto, o imprescindible casco para garantir a seguridade de todos e todas.

Puxemos rumbo ao circuíto de pump track de Paredes, onde pasamos unha mañá fantástica desfrutando das curvas, dos saltos e dos diferentes percorridos. Foi unha experiencia moi divertida na que puidemos practicar equilibrio, coordinación e, sobre todo, pasalo en grande cos nosos compañeiros e compañeiras.

O calor acompañounos durante toda a xornada, así que para refrescarnos, gozamos dun bo remollo de mangueira, que nos axudou a combater as altas temperaturas e que provocou moitas risas e momentos inesquecibles.







































No hay comentarios:

Publicar un comentario