Hoxe a profe Elena, para despedirse de nós, quixo agasallarnos cunha actividade moi especial. Veu á escola para contarnos “Las llaves de los sueños”, un fermosísimo conto que nos invitou a reflexionar sobre os nosos desexos, os nosos retos e a importancia de perseguir os soños con ilusión e confianza. A través desta historia compartimos aprendizaxes moi valiosas e gozamos dun momento cheo de emoción e maxia.
Ao rematar, regalámonos unha gran aperta colectiva, desas que expresan todo o cariño e gratitude que ás veces as palabras non son capaces de transmitir.
Grazas a Elena por todo o que nos achegaches durante este tempo, pola túa entrega, pola túa alegría e por acompañarnos neste camiño. Levamos connosco moitos recordos fermosos e aprendizaxes que permanecerán para sempre.
Desexámosche o mellor!! Esta sempre será a túa casa!!




No hay comentarios:
Publicar un comentario