viernes, 5 de junio de 2026

Día do Medio Ambiente. Vexo, Vexo Xacobeo

 Dentro do marco do proxecto Vexo, Vexo... Xacobeo, o alumnado e profesorado do noso CRA participou nunha xornada moi especial na que combinamos natureza, patrimonio, convivencia e aprendizaxe.

Nesta ocasión realizamos un pequeno tramo do Camiño Portugués, percorrendo o itinerario entre Arcade e Pontesampaio. 

Ao longo do percorrido puidemos gozar das fermosas paisaxes da contorna, observar a riqueza natural da zona e descubrir algúns dos elementos históricos e culturais que fan deste tramo do Camiño un lugar tan especial.

A actividade coincidiu coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, polo que aproveitamos a xornada para reflexionar sobre a importancia de coidar e respectar o noso entorno. A natureza acompañounos durante todo o percorrido, lembrándonos o valor dos espazos naturais e a responsabilidade que todos temos na súa conservación.








































No hay comentarios:

Publicar un comentario