lunes, 19 de octubre de 2026

No Samaín con sumo cuidadín

 Hoxe recibimos na escola ás compañeiras do Instituto Galego de Consumo.

Grazas a elas descubrimos que á hora de elexir un disfrace hai que ter moitas cousas en conta, os gorros deben ser soltos, as capas mellor con velcro, o antiface que nos deixe ver e respirar, a idade e que teña a marca CE.

Despois cada unha e cada un de nos, disfrazamos as nosas cabazas, sen olvidar todo o aprendido.

Moitas grazas pola vosa visita!! 















jueves, 8 de octubre de 2026

Experimentamos co millo


Hoxe convertémonos en pequenos científicos, puxémonos mans á obra para descubrir se medrará primeiro, o millo que está na auga ou o que prantamos na terra

Para comprobalo, preparamos dúas situacións diferentes. Nunha cubeta con auga mergullamos unha mazorca de millo e, por outra banda, nunha maceta, plantamos varios grans de millo.

Despois, cada neno e cada nena fixo a súa propia aposta: auga ou terra.. 🌱💧 

Agora temos unha nova misión: observar que acontece cos nosos experimentos ao longo dos días. Cada tres días iremos comprobando os cambios, observando como medran e anotando todo o que descubramos.

Deste xeito, ademais de aprender sobre as plantas, estamos traballando a observación, a formulación de hipóteses, a paciencia e o rexistro dos nosos descubrimentos.



           PRANTAMOS E MERGULLAMOS

 











                AS NOSAS PREDICCIÓNS








                  OBSERVACIÓN E REXISTRO