viernes, 29 de mayo de 2026

Graduación

 Hoxe tivemos unha mañá moi especial, Vega, Azael, Amira, Mario, Lylya e Antía graduáronse. Houbo tempo de emocións, de agasallos, de risas..imos botarvos moito de menos, pero desexamos que teñades moita sorte nesta nova etapa que comezades!!



  





Festival das Letras Galegas

 Hoxe, despois do acto de graduación e de repor forzas, tivemos a gran sorte de desfrutar dun obradoiro de baile tradicional galego, impartido por Erica Iglesias, aprendemos pasos, bailamos, cantamos..e todo en compañía dos nosos compañeros e compañeiras de Bértola e Figueirido.

    










miércoles, 27 de mayo de 2026

Aniversario de Erea

 Hoxe celebramos os catro anos de Erea, e invitounos a unha pizza que estaba riquísima, foi ela mesma a que elaborou a masa e armou os ingredientes. Fíxoo xenial!!





















lunes, 25 de mayo de 2026

Volume coa plastilina

 Na aula seguemos a traballar o concepto de volume dunha maneira creativa e manipulativa empregando esta vez, plastilina. 

A cada alumna e alumno entregóuselle un pequeno anaco co que puideron experimentar libremente, modelando diferentes creacións segundo a súa imaxinación.

Ao longo da actividade foron aparecendo bechos, teléfonos, letras, pequenas esculturas e moitas outras formas sorprendentes. Ademais de desenvolver a creatividade, esta proposta permitiulles mellorar a motricidade fina, observar as formas no espazo e comprender mellor como os obxectos ocupan volume.














Podcast Letras Galegas

Con motivo do Día das Letras Galegas 2026, as nenas e nenos das escolas de Barciela e Paredes participaron nun podcast moi especial en Radio Salgadiña dedicado á figura de Begoña Caamaño. Ao longo do programa, compartiron reflexións e curiosidades sobre a autora, achegándose á súa obra dunha maneira creativa e participativa. Unha experiencia radiofónica chea de ilusión, lingua e cultura galega.

Queres escoitalo? 

miércoles, 20 de mayo de 2026

Percorremos o Camiño de Santiago

 No marco do programa Vexo, Vexo, Xacobeo, do Plan Proxecta+, o alumnado das escolas de Figueirido, Bértola  e Paredes realizamos unha andaina polo Camiño de Santiago, percorrendo o camiño dende a escola de Figueirido ata a capela de Santa Marta.

Nesta actividade tamén contamos coa participación e visita do alumnado de infantil do CEIP de Tenorio, compartindo deste xeito, unha xornada de convivencia e descubrimento do noso patrimonio.

 






















martes, 19 de mayo de 2026

Visita á Base Helitransportada do Campiño

 Os nenos e nenas de 5 anos viviron unha xornada moi especial coa súa visita á Base Helitransportada de O Campiño. Foi unha experiencia chea de emoción, aprendizaxe e descubrimentos, na que puideron coñecer de preto o importante labor que realizan os profesionais encargados da prevención e extinción de incendios.

Nada máis chegar, o alumnado foi recibido polo equipo da base, que lles explicou dun xeito próximo e adaptado como traballan cada día para coidar e protexer os nosos montes. 

Un dos momentos máis emocionantes da visita foi poder ver de preto o helicóptero.

Ademais, tamén tiveron a oportunidade de coñecer os camións e o material que empregan os equipos de emerxencia.