jueves, 18 de junio de 2026

Saída a praia de Pontesampaio

Hoxe fomos a Pontesampaio, dende moi cedo, puxémonos en marcha para realizar unha pequena ruta, percorrendo un tramo do Camiño de Santiago. Durante o percorrido puidemos gozar da paisaxe, compartir conversas.
Ao regresar ao parque, fixemos unha parada para recuperar forzas E, sen dúbida, o momento máis esperado chegou despois: ir todos xuntos á praia, onde desfrutamos de xogos, risas e moi bos momentos en compañía dos nosos compañeiros e compañeiras.

Un día cheo de recordos inesquecibles e a mellor maneira posible de poñer o broche final a este curso escolar.



































miércoles, 17 de junio de 2026

Aniversarios e festa de fin de curso

 Hoxe vivimos unha xornada moi especial na que celebramos os aniversarios do mes de xuño e aproveitando a ocasión, e despedimos o curso cunha pequena festa chea de alegría.

Os anfitrións elaboraron unha merenda moi saudable con brochetas de froita, cereixas e outras froitas para petiscar, ademais de sándwiches e auga ben fresquiña. 

Tamén gozamos dunha divertida piñata e, como non podía ser doutro xeito, puxemos música para bailar e pasalo en grande.