lunes, 19 de enero de 2026

Voz Natura: recibimos a visita da Garda Civil e Corralito no marco do Plan Director

Na mañá de hoxe, a Escola de Paredes recibiu a visita de Verónica, da Garda Civil, acompañada do títere Corralito, nunha actividade enmarcada no Plan Director de convivencia e seguridade nos centros educativos.

Durante a charla, o alumnado achegouse ao labor que realiza o SEPRONA, coñecendo de primeira man o importante servizo que presta na protección do medio ambiente. A través dunha linguaxe próxima e adaptada á infancia, reflexionamos sobre a importancia de coidar a natureza e respectar o noso entorno.

Esta actividade intégrase no noso proxecto Voz Natura, e cobra especial relevancia tendo en conta os graves e devastadores incendios sufridos este verán en Galicia, e moi especialmente no noso concello, Vilaboa. Falamos das boas prácticas que axudan a conservar os bosques, así como daquelas accións que poñen en risco a nosa seguridade e a dos animais e das árbores.

A visita foi moi enriquecedora e permitiunos aprender, dun xeito ameno e participativo, que o coidado do medio ambiente é unha responsabilidade de todas e todos desde idades temperás. 










 

No hay comentarios:

Publicar un comentario