viernes, 24 de mayo de 2024

@S NOS@S GRADUAD@S: CLOE E AMIR


 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

 

   HOXE CELEBRAMOS O FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS, NO QUE PUIDEMOS DESFRUTAR DA MARAVILLOSA ACTUACIÓN D@S NEN@S DE 6º DE iNFANTIL, QUE DENTRO DUNS DÍAS DEIXARÁN O NOSO CRA, PARA COMEZAR NUNS MESES UNHA NOVA ANDAINA.

 

                       

martes, 21 de mayo de 2024

Instalación de xogo 🐝abellas🐝

 O pasado luns 20 de maio celebrouse o día mundial das abellas polo que hoxe recordamos todo o aprendido sobre o fascinante mundo destes insectos a través dunha instalación de xogo.





Fixemos pole e xelea, creamos colmeas para as abellas e panais para o mel, e todo coa nosa imaxinación! Experimentamos, creamos, manipulamos... e ata nos disfrazamos!













































lunes, 20 de mayo de 2024

DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS

   HOXE CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DAS ABELLAS, E DENDE O COLE, APRENDEMOS MOITAS COUSAS, COMO É O SEU CICLO DE VIDA, DE QUE SE ALIMENTAN AS LARVAS E OS CASULOS, COMO SON AS CELDAS DA COLMEA, COMO FAN A POLINIZACIÓN E O MÁIS IMPORTANTE DE TODO............ O NECESARIAS QUE SON AS ABELLAS!!


              



viernes, 10 de mayo de 2024

Leitaruga ou Mexacán? 🌻

 Seguimos investigando sobre a flora da nosa contorna e hoxe realizamos un experimento con Dentes de león que recollemos nunha pequena saída ata a Canteira.



Descubrimos que en galego se chaman Leitarugas, pero tamén cun nome moi divertido "Mexacán", xa que debido ás súas propiedades cando estes animais as comen prodúcenlles ganas de facer pis 🤭

Ademais aprendemos que esta planta é hidrofóbica, é dicir, que non se molla, así que por suposto tiñamos que comprobalo!







Como era tan divertido, buscamos outras cousas que tivesen hidrofobicidade e experimentamos coa canela. O dedo non se mollaba pero quedaba cun sabor riquísimo!










Unha vez comprobado, recollemos por escrito o aprendido. Somos uns auténtic@s artistas!