Hoxe vivimos unha xornada moi especial na que celebramos os aniversarios do mes de xuño e aproveitando a ocasión, e despedimos o curso cunha pequena festa chea de alegría.
Os anfitrións elaboraron unha merenda moi saudable con brochetas de froita, cereixas e outras froitas para petiscar, ademais de sándwiches e auga ben fresquiña.
Tamén gozamos dunha divertida piñata e, como non podía ser doutro xeito, puxemos música para bailar e pasalo en grande.
























No hay comentarios:
Publicar un comentario