viernes, 15 de marzo de 2024

Día dos dereitos do consumidor 🛒

 Hoxe conmemoramos o Día dos dereitos do consumidor reflexionando sobre a terceira das R que traballamos esta semana, e a que máis nos custa: REDUCIR.

A través da historia Non é unha caixa de Kalandraka, decatámonos de que non nos fan falla moitos xoguetes para pasalo xenial, xa que unha simple nonéunhacaixa pode converterse en decenas de cousas!

Así que deixamos voar a nosa imaxinación nunha instalación chea de nonéunhacaixa que se converteron en casas, botes, avións, serpes, robots, televisións... Todo reciclaxe e diversión!!


































































No hay comentarios:

Publicar un comentario