Nestes días, na escola, estivemos traballando arredor da tradición dos maios.
Primeiro, comezamos co vocabulario, asociando palabras coas súas imaxes para comprendelo mellor.
Despois, pedimos colaboración ás familias, co fin de ir traendo todas aquelas cousas que nos podían servir para elaborar o noso maio.
Tamén traballamos co volume empregando plastilina. Con ela, elaboramos algúns dos elementos do maio, como a xesta e a cala, desenvolvendo así a nosa creatividade mentres seguiamos afondando nesta tradición.
Pouquiño a pouco fomos construíndoo entre todos e todas, coidando cada detalle.
Ao mesmo tempo, pensamos nos temas que podiamos incluír na elaboración da nosa copla dos maios, acordámonos da visitas das avoas e avós, da gran cubrición, da exposición das fotos, de Begoña, a redeira de Paredes..
Unha vez creada, redactámola e aprendémola, para cantala arredor do noso maio, gozando desta fermosa tradición.
VOCABULARIO
ELABORAMOS A COPLA






































No hay comentarios:
Publicar un comentario