miércoles, 13 de mayo de 2026

Volume con tiras de cores

 Estes días, estivemos a elaborar creacións con volume a partires de tiras de cores. Construimos figuras abstractas e pequenas estruturas en tres dimensións. A través destas propostas, o alumnado explorou conceptos como o equilibrio, a forma, o relevo e a ocupación do espazo, desenvolvendo a creatividade e a percepción espacial.

Despois, realizamos a representación gráfica das obras, trasladando ao papel as formas, cores e volumes creados previamente.

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o alumnado puido experimentar, crear e expresarse artisticamente de diferentes maneiras.

         


                          CONSTRUIMOS




















REPRESENTAMOS





















No hay comentarios:

Publicar un comentario