Creamos fermosas composicións artísticas con elementos naturais como follas, landras e castañas, experimentando coas súas formas, cores e texturas.
Para rematar, cada unha e cada un púxolle nome a súa obra de arte.
Unha actividade sinxela, manipulativa e moi enriquecedora, na que o outono se converte en arte e cada creación é única e especial. ❤️
Ademais, estimulamos a creatividade, a motricidade fina e a exploración sensorial.































No hay comentarios:
Publicar un comentario