lunes, 16 de noviembre de 2026

Pequenos pasos na RobotiCRA

 Aprendemos a movernos no espazo tanto utilizando o propio corpo como empregando pequenos robotiños que nos axudan a ubicarnos e que nos encantan.

























jueves, 12 de noviembre de 2026

Peiteados de Outono

 Hoxe desfrutamos dunha bonita actividade de outono na aula. 🍂🍁 Transformamos os nosos rostros en auténticas obras de arte, colocando pequenas follas de outono a modo de cabelo e deixando voar a nosa imaxinación e creatividade.

Unha proposta divertida e orixinal coa que xogamos coas cores, as formas e os elementos propios desta estación. Mirade que guapos e orixinais quedamos! ❤️

 























martes, 10 de noviembre de 2026

A arte no Outono

 Creamos fermosas composicións artísticas con elementos naturais como follas, landras e castañas, experimentando coas súas formas, cores e texturas.

Para rematar, cada unha e cada un púxolle nome a súa obra de arte. 

Unha actividade sinxela, manipulativa e moi enriquecedora, na que o outono se converte en arte e cada creación é única e especial. ❤️

Ademais, estimulamos a creatividade, a motricidade fina e a exploración sensorial.