martes, 10 de marzo de 2026

A nosa horta

 Hoxe estivemos traballando na nosa horta , primeiro fomos ao composteiro para recoller compost. Despois de sacalo, tivemos que peneiralo, axitabamos a caixa con coidado para que o compost máis fino caese polos buratos e quedasen dentro os pauciños e restos máis grandes.

Cando xa tiñamos o compost preparado, fomos á horta para plantar leitugas de diferentes variedades, amorodos e tomates. Foi unha actividade moi interesante e aprendemos moito traballando xuntos na nosa horta.










































No hay comentarios:

Publicar un comentario