Conmemoración da Semana da Prensa: unha intervención sobre o espazo da noticia
Con motivo da Semana da Prensa, realizamos no centro unha instalación artística de grafismo inspirada na proposta do libro El hombre que rayaba los periódicos, de Eduardo Torres (Rosendo Cid)
A actividade converteu a aula nun espazo simbólico no que a prensa pasou de ser só lectura a ser tamén materia de creación e reflexión. Os xornais cubriron paredes, chan e obxectos, transformando o espazo común nun lugar de intervención gráfica. Sobre ese soporte —a prensa como espazo de comunicación e escritura— experimentamos coa lectura, coa mirada e co xesto.
Lemos, rodeamos e tamén raiamos.
Intervimos as páxinas, destacando palabras, sinalando imaxes, creando novas relacións entre textos e titulares.
A proposta permitiunos pensar na prensa non só como fonte de información, senón tamén como territorio de interpretación, onde cada lector constrúe significados. As noticias deixaron de ser alleas: pasaron a dialogar coas nosas miradas e cos nosos xestos.
Porque ao final tamén nós, formamos parte do que acontece, somos noticia.

















No hay comentarios:
Publicar un comentario