Hoxe convertémonos en pequenos científicos, puxémonos mans á obra para descubrir se medrará primeiro, o millo que está na auga ou o que prantamos na terra
Para comprobalo, preparamos dúas situacións diferentes. Nunha cubeta con auga mergullamos unha mazorca de millo e, por outra banda, nunha maceta, plantamos varios grans de millo.
Despois, cada neno e cada nena fixo a súa propia aposta: auga ou terra.. 🌱💧
Agora temos unha nova misión: observar que acontece cos nosos experimentos ao longo dos días. Cada tres días iremos comprobando os cambios, observando como medran e anotando todo o que descubramos.
Deste xeito, ademais de aprender sobre as plantas, estamos traballando a observación, a formulación de hipóteses, a paciencia e o rexistro dos nosos descubrimentos.
PRANTAMOS E MERGULLAMOS
AS NOSAS PREDICCIÓNS
OBSERVACIÓN E REXISTRO

















No hay comentarios:
Publicar un comentario